Un incendio nun cadro eléctrico obrigou a desaloxar, por precaución, a 25 alumnos do IES de Vilalonga, segundo informou o Concello de Sanxenxo.
As fontes consultadas precisaron que o lume afectou o cadro eléctrico dunha aula-taller de Mecánica e tan só causou danos materiais sen que se rexistrasen feridos.
O propio persoal do centro educativo logrou sufocar o lume que provocou unha gran fumareda.
O 112 Galicia informou que este suceso tivo lugar sobre as 13.20 horas deste martes e que foron mobilizados os Bombeiros de Ribadumia, Emerxencias de Sanxenxo, a Garda Civil e a Policía Local.
O incendio iniciouse ao arder un bote de disolvente.