O Concello de Pontevedra anunciou este martes os galardoados cos Premios Cidade de Pontevedra 2024, recoñecendo a traxectoria do escritor Manel Loureiro e o labor dos profesionais que forman parte dos servizos de Dermatoloxía e Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).
O xurado, composto por representantes da corporación municipal, entidades veciñais, sectores sociais e medios de comunicación, escolleu ambos premiados por consenso e unanimidade.
Na categoría de persoa física, o escritor pontevedrés Manel Loureiro foi distinguido tras un ano de gran proxección internacional.
No 2024, Loureiro foi galardoado co Premio de Novela Fernando Lara e viu como a súa obra 'Apocalipsis Z' foi adaptada ao formato cinematográfico e estreada en Prime Video.
Este recoñecemento pon en valor a súa contribución á literatura galega e a súa capacidade para levar as súa historias a un público global.
Pola súa banda, na categoría de persoa xurídica, o premio recaeu no equipo de profesionais que integran dos servizos de Dermatoloxía e Aparello Dixestivo do CHOP.
A súa excelencia foi avalada a nivel estatal ao recibir os premios Best in Class 2024.
O Servizo de Dixestivo foi distinguido como o mellor de España nunha edición que contou con máis de 500 candidaturas, mentres que Dermatoloxía foi recoñecido como a mellor unidade de atención ao paciente na súa especialidade.
A cerimonia de entrega dos galardóns celebrarase o vindeiro luns 20 de xaneiro na Casa Consistorial, coincidindo coa festividade de San Sebastián.