A Deputación, o Concello de Pontevedra e a dirección da UNED en Madrid acaban de alcanzar un acordo para ampliar a sé pontevedresa. Cada unha das institucións aportará un 33% dos 351.000 euros aos que ascende a obra. Ademais a Deputación encargarase da redacción do proxecto.
Segundo detallou a deputada Ana Isabel Vázquez, "desde hace tiempo el Centro de Monteporreiro necesitaba un aula nueva para exámenes" xa que máis de seis mil alumnos pasan cada ano por este edificio "y eso genera problemas".
Como exemplo a deputada sinalou que este ano tiveron que habilitarse catro aulas simultáneamente para acoller ao alumnado durante os exames, o que derivou en "problemas de vigilancia, descoordinación e incomodidades para los alumnos", indicou.
O centro asociado da UNED de Monteporreiro é xunto ao de Las Palmas o máis antigo de España "nació con la propia Universidad a Distancia", dixo Ana Isabel Vázquez, tras recordar que ela foi a Secretaria xeral da Uned en Pontevedra.
A ampliación deseñada proxectará o edificio cara aos xardíns da parte traseira aportando unha "importante capacidad" para poder albergar outros servizos.