A xunta de goberno da Deputación Provincial, da que forma parte a alcaldesa de Marín, María Ramallo, aprobou este venres o financiamento para as obras consideradas na primeira fase das obras de execución e mellora da ponte e protección do río Lameira.
Trátase dunha serie de actuacións necesarias para a construción do centro de saúde de Marín.
Dende Augas de Galicia requiríronse estas obras complementarias dentro do convenio de colaboración subscrito entre o Sergas e o Concello de Marín.
O financiamento será a cargo do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra por un total de 97.000 euros.