Denuncian unha nova vertedura no Gafos, a primeira desde a súa declaración como espazo natural de interese local

Pontevedra
18 de abril 2019

Segundo a información facilitada por Vaipolorío, varios usuarios do sendeiro do río Gafos detectaron unha vertedura sobre as 13.15 horas e sinalaron que procedía dun dos seus afluentes, o río Pintos. Trátase dun vertido presuntamente provocado, coma noutras ocasións, polas obras da autovía A-57   

Vertedura no río Gafos
Vertedura no río Gafos /

asociación ecoloxista Vaipolorío denunciou este xoves unha nova vertedura no río dos Gafos, o primeiro desde a súa declaración como espazo natural de interese local (ENIL).

Segundo a información facilitada por Vaipolorío, varios usuarios do sendeiro do río Gafos detectaron unha vertedura sobre as 13.15 horas e sinalaron que procedía dun dos seus afluentes, o río Pintos. Trátase dun vertido presuntamente provocado, coma noutras ocasións, polas obras da autovía A-57.

O vertido púxose en coñecemento de Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 e, segundo informou Vaipolorío, presentáronse no lugar da vertedura diversas persoas con competencias na materia.