Denuncian unha muller por facer unha pintada na estatua de Colón para tapar un insulto

Pontevedra
31 de marzo 2023

A estatua de Colón, situada nos xardíns de Vicenti, volveu ser protagonista dunha gamberrada. Nos últimos días sufriu unha pintada insultante no seu pedestal en pintura de cor verde coa palabra "maricón".  Este acto vandálico tivo un xiro inesperado este venres cando unha muller de mediana idade tachou con spray a pintada anterior para "tentar tapala"

Pintada no pedestal da estatua de Colón, nos Xardíns de Vicenti
Pintada no pedestal da estatua de Colón, nos Xardíns de Vicenti / Pontevedraviva

A estatua de Colón, situada nos xardíns de Vicenti, volveu ser protagonista dunha gamberrada.

Nos últimos días sufriu unha pintada insultante no seu pedestal en pintura de cor verde coa palabra "maricón". 

Este acto vandálico tivo un xiro inesperado este venres cando unha muller de mediana idade tachou con spray a pintada anterior para "tentar tapala".

A acción desta muller foi descuberta polo xefe de seguridade do edificio da Deputación que chamaron a atención da señora para que parase. Xusto nese momento, pasaba pola zona unha patrulla da Policía Nacional que o resposable de seguridade parou para que acudisen a atender este incidente.

Os axentes pediron explicacións á muller que, inicialmente, negou os feitos.

Con todo, as manchas de pintura nas súas mans delatábana flagrantemente e impedían calquera coartada polo que confesou a súa acción. Ademáis levaba o bote de pintura no bolso.

Quería tapar o insulto e non sabía que non podía actuar dese modo, explicou aos policías.

Pero tampouco esta versión foi convincente xa que, certamente o spray tapaba dúas pintadas anteriores pero tamén debuxou un círculo nunha das caras do pedestal que estaba limpa.

A muller será denunciada por causar danos ao patrimonio.