Denuncian por alteración da orde pública dous homes que se encerellaron nunha pelexa en plena rúa

Pontevedra
15 de maio 2024

Varias patrullas das policías Local e Nacional de Pontevedra interviñeron na tarde deste martes nunha pelexa na rúa Gerardo Álvarez Limeses. Ambos encerelláronse na vía pública, tanto no medio da calzada como na beirarrúa. Son vellos coñecidos das distintas policías 

Pelexa en Gerardo Álvarez Limeses tras un roubo / PontevedraViva

Varias patrullas das policías Local e Nacional de Pontevedra interviñeron na tarde deste martes nunha pelexa na rúa Gerardo Álvarez Limeses que acabou con dous homes identificados e denunciados por un delito de alteración da orde pública.

A pelexa iniciouse entre dous homes supostamente por un desavinza por 40 euros. Ambos encerelláronse na vía pública e chegaron a pegarse tanto no medio da calzada como na beirarrúa

A pelexa causou gran balbordo na rúa e motivou que varias persoas alertasen á Policía polo ocorrido. Ante a alerta veciñal, mobilizáronse varias patrullas e os primeiros en chegar ao lugar foron dous axentes da Policía Local que se atopaban facendo servizo de paisano nas proximidades.

Pouco despois, chegaron máis axentes da Policía Local en moto e en coche e tamén tiveron reforzos de varias dotacións da Policía Nacional

A rápida intervención policial evitou que a pelexa fose a máis e quedou disolta coa participación dos axentes. Unha vez que lograron separalos, os axentes identificáronos e denunciáronos.

Os dous implicados son vellos coñecidos das distintas policías por intervencións anteriores, segundo confirmou fontes policiais.