A Policía Local de Poio volveu sorprender os dous veciños de municipio que nas últimas semanas sorprenderon en varias ocasións con actividades de furtivismo. Neste caso, localizáronos con 31 quilos de ameixa xapónica escondidos no monte.
O modus operandi destes dous furtivos é sempre o mesmo. Collen o marisco de forma ilegal e logo escóndeno no monte e vano sacando aos poucos usando un vehículo para venderllo a restaurantes. Están organizados e fan contravixilancias á policía e aos gardapescas, para non ser detectados.
Este xoves 1 de agosto volveron actuar da mesma maneira. Un operativo especial da Policía Local de Poio, coa colaboración dos vixiantes de Gardapescas, permitiu interceptalos na praia de Lourido.
Dos 31 quilos de ameixa que tiñan escondidos, 11,5 quilos non só eran froito do furtivismo, senón que tamén tiñan tamaño antirregulamentario.
Neste caso, tamén lle interviñeron o turismo que utilizaban para fuxir do lugar, pois circulaban sen seguro e sen pasar a ITV.
A última vez que foran localizados fora o 18 de xullo e, unha vez máis, como naquela ocasión, a Policía Local de Poio propuxo que foran sancionados. Xa levan varias sancións nos últimos meses e teñen múltiples antecedentes por furtivismo.