Denuncian o condutor dun patinete eléctrico que conducía bébedo, chocou cun bolardo e caeu

Pontevedra
14 de outubro 2020

O condutor deu positivo en alcol cunha taxa de 1,08 miligramos por litro de aire expirado. Non se detraen puntos do carné porque non constitúe un delito contra a seguridade viaria, pero o condutor si foi denunciado pola vía administrativa cunha proposta de sanción de 1.000 euros

Policía Local de Pontevedra
Policía Local de Pontevedra / Mónica Patxot

A Policía Local de Pontevedra denunciou pola vía administrativa unha persoa que conducía un Vehículo de Mobilidade Peronal (VMP) pola rúa Cobián Roffignac cando tivo un accidente e deu positivo na proba de alcoholemia.

Os feitos sucederon pasado sábado 3 de outubro, cando unha patrulla policial se desprazou ata Cobián Roffignac por un accidente. O sinistro consistira na caída dun condutor de VMP que chocou contra un dos bolardos da rúa.

Os axentes someteron ao condutor do vehículo, un patinete eléctrico, á proba de alcolemia e deu positivo en alcol cunha taxa de 1,08 miligramos por litro de aire espirado.

Neste caso, non se detraen puntos do carné porque non constitúe un delito contra a seguridade viaria, pero o condutor si foi denunciado pola vía administrativa cunha proposta de sanción de 1.000 euros.

A Policía Local lembra que os condutores de bicicletas e VMP están obrigados a cumprir todas as normas de circulación e someterse ás probas de drogas e alcol.