Denuncian o abandono e a actitude dos militares coa Illa de Tambo

Poio
11 de xullo 2013

Os presidentes da Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa "Combarro", Valentín Silva, e da Comunidade de Montes "Rega dos Agros", Claudio Quintillán, denunciaron públicamente o "estado de abandono" que presenta a illa de Tambo

Os presidentes da Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa Combarro, Valentín Silva, e da Comunidade de Montes Rega dos Agros, Claudio Quintillán, denunciaron públicamente o "estado de abandono" que presenta a illa de Tambo.

Nunha visita realizada o sábado 6 de xullo puideron comprobar que o peirao da illa atópase derrubado. Ademáis a Comunidade de Montes de Combarro realizara hai dous anos unha limpeza do camiño perimetral e accesos, coa colaboración do Concello de Poio, mais "na actualidade a illa está inaccesible para poder camiñar por ela. O estado actual e lamentable", di Claudio Quintillán.

O presidente de Rega dos Agros pregunta "para que tanto requisito burocrático para o acceso a unha illa en estado de abandono, carente de accesos? Ou por canto tempo máis imos a soportar que as persoas non poidan ir a tomar o sol na praia da illa?". Neste último caso refírense estes portavoces a que "a illa e a praia foron usadas durante moitos anos  polas familias e amistades da Escola Naval para o seu desfrute, e agora o pobo non pode, e está sometido a ese espectáculo vergoñento de ter que desaloxar a praia".

A asociación veciñal e a comunidade de montes lembran que a illa leva desafectada para usos militares dende o ano 2002 "curiosamente un ano antes da desafección, realizouse unha selección de eucaliptos de gran porte, que foron sacados en barcaza, e que non temos coñecemento do volumen, ingresos e gastos orixinados nesa operación, e si revertiron en melloras na illa".

Estes colectivos demandan "que remate esta situación, que a Illa de Tambo forme parte do patrimonio cultural, social, recreativo, acometer melloras medioambientais, en definitiva poñela ao servizo do pobo, e non en contra" e sinalan a implicación tanto da Xunta de Galicia coma do Concello de Poio, "xa que sabedores do que está  acontecendo coa situación da Illa, non adoptan medida alguna, e máis grave coa aldraxe que sofren as persoas que se achegan en son de paz a tomar o sol e pasar un dia relaxado para ser convidadas polos militares ó desaloxo".

Arquivado en