Denuncian a venda de disfraces machistas de enfermeira

Pontevedra
31 de xaneiro 2018

O sindicato de profesionais da saúde, Prosagal denunciou publicamente a "reiterativa comercialización dos disfraces de enfermeira sexi". Este sindicato considéraos "un grave insulto e vexación cara a todas as enfermeiras"

Disfrace de "enfermeira sexi"
Disfrace de "enfermeira sexi"

O sindicato de profesionais da saúde, Prosagal denunciou publicamente a "reiterativa comercialización dos disfraces de enfermeira sexy". Este sindicato considéraos "un grave insulto e vexación cara a todas as enfermeiras". 

Prosagal lembra que a súa profesión "merece maior dignificación por parte desa industria que segue insistindo nos tópicos rancios e machistas e convértenos en meros obxectos sexualizables". 

Insisten en que eses disfraces lles "ridiculizan" e ademas "non contribúen a dignificarnos como profesionais, nin ao respecto obrigado cara a toda profesión que debería reinar en calquera festividade". 

Neste sentido rogan á cidadanía a non usar nin comprar este tipo de disfraces mentres as empresas insistan en comercializalos.

"Pedimos a cidadanía que non permita coa súa compra que se siga a ridiculizar unha profesión tan necesaria como bonita, e que nada ten que ver co papel que proxecta esa industria. Non permitan que co seu diñeiro síganse perpetuando estes tópicos machistas e non consintan, ademais, que as súas fillas sexan sexualizadas", aseguran. 

Así mesmo, Prosagal pide aos grupos políticos que lexislen a venda destes disfraces para a súa posta fóra do mercado.

A declaración de Prosagal súmase á polémica xerada tras a denuncia ante a xustiza de varias asociacións de consumidores para que investigue a venda dun disfrace de "enfermeira sexy" dirixido a nenas a partir dun ano de idade que distribúe a empresa Disfraces Alegría SL.