O movemento veciñal Amil Sen Eólicos puxo en coñecemento do Seprona o achado dunhapedra de grandes dimensiónsfóra da zona de obras do parque eólico que se contempla no monte Acibal, proxecto que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspendeu preventivamente en outubro do ano pasado.
Este proxecto eólico afecta os concellos de Barro, Campo Lameiro e Moraña.
O achado, segundo detallan desde o colectivo, corresponde a unha pedra de granito dunhas catorce toneladas e que presenta buracos para inserir dinamita "como os que Norvento realizou para a dinamitacion do Coto do Mouro". Dita mole - como relatan -, "rodou descontroladamente monte abaixo ata chegar a 215 metros do límite das obras, xusto debaixo da explosión que voou polo aire o Coto do Mouro".
Estes testemuños engaden que presuntamente durante a dinamitación do Coto do Mouro, "da que non tivemos aviso previo aviso", "a pedra atravesou ata dous camiños de monte e destruíu xestas de ata catro metros de altura coma se fosen palla".
"Os veciños tememos as catastróficas consecuencias de que un veciño atopásese pola zona o día das voaduras", engaden.
Ademais da integridade física destas persoas, tamén manifestan a súa preocupación pola dos petróglifos que estes veciños notificaran con anterioridade.