A Garda Civil de Pontevedra denunciou a un condutor que semanas atrás foi detectando circulando en setido contrario pola autovía AG-41, a coñecida como autovía do Salnés.
Axentes do Grupo de Investigación de Accidentes de Tráfico (GIAT) do Subsector de Tráfico instrúen dilixencias contra el por un delito contra a seguridade viaria, por conducir un vehículo con temeridade manifesta.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, foi detectado sobre as 18.45 horas do día 18 de xullo cando circulaba no lugar de San Lorenzo de Nogueira, en Meis.
As cámaras do sistema de vídeo gravación do Centro de Xestión e Control de Tráfico detectaron a súa infracción e axentes do GIAT abriron unha investigación ata localizar e identificar o condutor.
Conclúen que, coa súa conduta, creou unha situación de perigo para os demais usuarios da vía, por iso é polo que lle citaran en calidade de investigado polo citado delito.
O caso está agora no Xulgado de Garda de Cambados.