Demanda ao Concello por unha cantidade de 5.000 euros ao esvarar nunha placa de xeo

Pontevedra
17 de marzo 2014

A vítima alegaba que a placa se tiña xerado por unha boca de rego dun xardín municipal pero o xuiz desestimou a demanda ao entender que non existe responsabilidade do Concello

Zona da gardería da Parda
Zona da gardería da Parda

O xuíz do contencioso número 1 de Pontevedra desestimou a demanda dun home que reclamaba 5.068 euros tras caerse ao esvarar nunha placa de xeo cando camiñaba polas proximidades da gardaría da Parda ás 9:10 horas do 16 de decembro de 2010.

Na súa demanda, o particular alegaba que a placa de xeo se xerara pola auga que expulsara unha boca de rego nun xardín municipal. Non obstante, o xuíz entende na sentenza do 6 de marzo de 2014 que a placa se formara polo mal tempo e, polo tanto, considera que o Concello non é responsable da caída do demandante.