O secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Luis García Pedrosa, denuncia que o anterior empresario que xestionaba a cafetería da Praza da Liberdade sumaba numerosos atrasos nos pagos ao persoal de traballadores, ademais de pagar por baixo do convenio con contratos de catro horas mentres os empregados realizaban xornadas de oito.
García Pedrosa indicou que este empresario recoñecera a débeda e asinara un acordo cun dos traballadores por unha cantidade de 2.700 euros.
Con todo, sinala que non foi abonada e mesmo o empresario presentou unha denuncia en Comisaria contra ese mesmo traballador culpándolle dun furto de 2.200 euros. Nas últimas semanas, a concesión da cafetería o foi traspasada a outro empresario.
Ante esta situación, representantes do sindicato concentrábanse na rúa Eduardo Pondal este venres reclamando a cantidade debida.