Defensa da Ría invita aos pontevedreses á estrea do documental "Ence: 60 anos máis?"

Pontevedra
16 de xullo 2016

A proxección do documental, editado por Galiza Contrainfo, vai ter lugar o próximo martes 19 ás 20:30 horas nos locais do Arquivo da Deputación situados na rúa Padre Amoedo

Marcha da APDR contra ENCE 2015
Marcha da APDR contra ENCE 2015 / Daniel Santomé

A Asociación pola defensa da ría de Pontevedra (APDR) quere compartir coa cidadanía da comarca pontevedresa a estrea do documental "Ence: 60 anos máis?", un filme de 36 minutos de duración no que colaboraron distintas persoas vencelladas ao colectivo e que ofrece unha visión absolutamente crítica coa decisión do goberno en funcións do PP de prorrogar a concesión de ENCE en Lourizán.

A proxección do documental, editado por Galiza Contrainfo, vai ter lugar o próximo martes 19 ás 20:30 horas nos locais do Arquivo da Deputación situados na rúa Padre Amoedo.

O documental vai ser presentado por Zelia García, membro da amentada editora.

Dende a APDR animan a toda a cidadanía da comarca a asistir á estrea do documental e a participar no coloquio posterior arredor da problemática actual da presenza da fábrica de celulosas na ría e as posibilidades de impedir a súa permanencia en Lourizán mais alá do 2018, data na que remata a concesión de actividade outorgada no ano 1958.

Arquivado en