Dedican unha canción a Sonia Iglesias para manter a súa lembranza: 'Sonia te espero'

Pontevedra
13 de agosto 2015

O compositor pontevedrés Enrique Alvite creou un tema, que xa se pode escoitar a través dun enlace en Youtube, dedicado á muller desparecida hai xa cinco anos. O título da canción é 'Sonia te espero'. Mira aquí o vídeo

Canción dedicada a Sonia Iglesias: 'Sonia, te espero'
Canción dedicada a Sonia Iglesias: 'Sonia, te espero' / Enrique Alvite
Cando se vai cumprir o quinto aniversario da desaparición da pontevedresa Sonia Iglesias, un compositor da cidade decidiu crear unha canción en recordo desta muller co obxectivo de que se difunda e se converta no himno da memoria de Sonia.

O compositor Enrique Alvite en colaboración con outros pontevedreses afectados por todo o relacionado coa desaparición da moza queren que a canción chegue a oídos dos representantes políticos e da xustiza para que non se esqueza o caso e poidan continuar as investigacións sobre o suceso.

O vídeo xa se colgou en internet a través da plataforma Youtube baixo o título de 'Sonia te espero'. O retrouso conta coa seguinte letra: "Sonia te quiero. Sonia te espero. Te siento cada día más. Sonia, te veo en cada gesto, pues tu mirada decía más que tú".
 

Arquivado en