Decorados de fantasía en prazas e parques para promover o movemento económico nestas festas

Pontevedra
09 de decembro 2020

Trátase dunha acción da concellería de Promoción Económica a través de #PonteLovers. Estos espazos xa foron instalados en Monte Porreiro, no parque Amalia Álvarez, nos Salgueiriños, na Parda e no centro histórico de Pontevedra

Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, ante a decoración de nadal en parques e prazas
Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, ante a decoración de nadal en parques e prazas / Concello de Pontevedra

Amosar unha imaxe de maxia e de espírito do Nadal é o que pretende a concellería de Promoción Económica a través da plataforma #PonteLovers coa instalación de decorados de fantasía en diferentes puntos da cidade coa idea de impulsar a actividade económica.

Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica,visitaba este martes varias das instalacións que xa se atopan en parques e prazas de Monte Porreiro, Amalia Álvarez, Vos  Salgueiriños, A Parda e o centro histórico. Esta proposta pretende que os paseantes se fagan fotos nestes espazos nos que se poden ver elfos e casas infantís, iluminadas tanto no seu interior como no exterior.

Os escolares tamén poderán gozar dun barco de resina no Parque Damián, no barrio da Parda. E tres globos adornan as inmediacións do barrio de Os Salgueiriños coa figura dun gnomo con carapucha de Papá Noel. 

Na Praza de Europa, en Monte Porreiro, os residentes e visitantes poderán comprobar os catro conos piñeiro-abeto con iluminación e os dous cogomelos de gran tamaño, que xa foron utilizadas polos máis pequenos para sacarse fotografías. Un reno humanizado decora a praza do Marqués de Aranda. Con estas propostas, Yoya Blanco sinala que é necesario que o espírito de ilusión percorra diferentes puntos da cidade e anunciou que haberá máis novidades co programa Ponte Xogos e o concurso de escaparatismo.