Declarado un incendio forestal en Paredes

Vilaboa
14 de agosto 2024

Efectivios de extinción de incendios mobilizáronse este mércores en Vilaboa tras declararse un incendio pouco despois das 17.30 horas da tarde

Medios aéreos no incendio forestal de Tenorio, en Cotobade (arquivo)
Medios aéreos no incendio forestal de Tenorio, en Cotobade (arquivo) / Cristina Saiz

Efectivos de extinción de incendios mobilizáronse este mércores en Vilaboa tras declararse un incendio pouco despois das 17.30 horas da tarde.

O lume iniciouse no lugar de Paredes, xerando unha fumareda visible desde varios quilómetros de distancia.

Segundo confirmou a Consellería do Medio Rural, mobilizáronse para a súa extinción medios terrestres e aéreos.

En concreto participan no dispositivo catro axentes, oito brigadas, cinco motobombas, dous técnicos, catro avións e catro helicópteros.

O alcalde César Poza agradeceu a todas as persoas de Paredes que estiveran pendentes do lume, dando a voz de alarma primeiro e formando un retén vixiante mentras non estivo controlado.

Tamén agradecía a través das redes sociais o traballo do equipo de voluntariado de Emerxencias Protección Civil de Vilaboa pola súa rápida actuación e a súa coordinación en todo momento cos efectivos de extinción de incendios da Xunta, que "non escatimaron medios para frear o lume".

Segundo indica, foi necesario cortar o subministro eléctrico como medida preventiva polo que algunha vivenda quedou sen luz durante varias horas á espera de que se puidera repor o servizo con garantías.

Tanto este lume, que afectou a arredor de nove hectáreas, como outro que se producía en Caldas foron extinguidos durante as últimas horas do mércores.