Declara ante o xuíz o perigoso delincuente que fuxiu nun coche roubado e a pé por Pontevedra

Pontevedra
14 de outubro 2013
Actualizado: 10:29

Felipe S.C. cheou aos xulgados da Parda arredor das 10.10 horas deste luns, cando estaban a punto de cumplirse as 48 horas da detención deste veciño da cidade de 37 anos que logrou ser detido pola Policía Nacional sobre as 10.15 horas do sábado nas inmediacións do sanatorio da mercé de Poio. Logrou eludir o cerco policial durante preto de 23 horas. Empezou a súa fuxida cunha muller de 24 anos que saíu disparada do coche aos poucos metros, foi detida e quedou en liberdade ás poucas horas

A Policía Científica inspecciona o Volkswagen Touareg roubado
A Policía Científica inspecciona o Volkswagen Touareg roubado / PontevedraViva

O Xulgado de Garda tomará declaración ao longo da mañá deste luns a Felipe S.C., veciño da cidade de 37 anos que o venres, 11 de outubro, fuxiu das policías Local e Nacional por Pontevedra primeiro a bordo dun coche roubado e logo, tras deixar o vehículo encaixado, a pé, nunha persecución que xerou grande expectación por todo Pontevdra pola súa aparatosidade (danou 15 vehículos ao seu paso) e o amplo dispositivo de policías a pé, en moto en coche e en helicóptero que se despregou durante tres horas polo centro da cidade do Lérez. Chegou aos xulgados da Parda arredor das 10.10 horas deste luns, cando estaban a punto de cumplirse as 48 dende a súa detención o sábado.

As policías Local e Nacional comezaron a persecución e posterior busca de Felipe S.C. sobre as 11.30 horas na rúa Almirante Matos do barrio de San Roque. Posteriormente, a mediodía, uníronse tamén axentes da Garda Civil, pois perdeuse a pista do fuxitivo na cidade e decidiuse reforzar a súa persecución polos concellos limítrofes e o resto da provincia.

O operativo centrouse nun primeiro momento no ámbito do poboado chabolista do Vao e logo estendeuse ao resto da bisbarra, mentres a Policía Científica analizaba o Volkswagen Touareg no que iniciou a fuxida (e que fora roubado o día anterior en Vigo) e outros axentes tomaban declaración aos posibles testios de todo o proceso de escape e persecución.

Na mañá do sábado o dispositivo policial centrouse na zona da Merced de Poio. Se sospeita que o fuxitivo pasou a noite nunha zona próxima e os axentes lograron dalo o alto sobre as 10.15 horas preto do aparcacimiento do centro sanitario da Mercede. Tras o arresto confirmouse a perigosidade deste delincuente que naceu en Portugal, pero dende moi pequeno viviu en Pontevedra. O home, cuxo domiclio está fixado recentemente no Paseo de Colón, conta cun amplo historial delituoso e saíu recentemente dunha longa estanza en prisión.

Todo empezou sobre as 11.30 horas do venres, preto de 23 horas antes da detención. A Policía Nacional tiña constancia de que o xoves roubaran un Volkswagen Touareg en Vigo e localizárono estacionado na rúa Almirante Matos cun can dentro. Nese momento viron como se achegaba Felipe S.C. acompañado por unha muller, de modo que intentaron dalo o alto e pediron o apoio de máis coches 'Z'.

Ao ver á Policía, a parella entrou rápido no coche e botou a andar coas portas do condutor e o acompañante abertas. Varias patrullas cruzáronse no seu camiño e empezou a rechamante persecución que ben podería converterse no guión dunha película.

A moza que comezou a fuxida con el foi detida e quedou en liberdade o venres pola tarde

Inicialmente inclúese contra el unha denuncia polo roubo dun Volkswagen Touareg o xoves en Vigo, a súa fuxida da Policía durante preto de 23 horas e os danos ocasionados en 15 coches mentres intentaba eludir aos axentes que o perseguían pola zona de San Roque. Fontes policiais indicaron que tamén se lle atribuirán os danos ocasionados no coche roubado (na fuxida perdeu unha porta e sufriu cuantiosos danos materiais e mecánicos) e no lateral da sede da Seguridade Social de Pontevedra na que rematou encaixado. Ademais, estúdase a súa posible implicación noutros delitos.

O venres, durante a fuxida de Felipe S.C. a Policía Nacional detivo a unha muller de 24 anos e orixe portuguesa que empezou o escape con el na rúa Almirante Matos, pero saíu despedida do vehículo aos poucos metros. Logo de prestar declaración na Comisaría, foi posta en liberdad a lo longo da tarde do venres coa obriga de declarar ante o xuíz de garda cando sexa requerida.