O mes de xuño pecha na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cun novo falecemento dun paciente con positivo activo en covid.
Así o confirmou este xoves o Servizo Galego de Saúde. É a décima morte por coronavirus do mes na área pontevedresa, elevando a 301 a cifra total de vítimas desde o inicio da pandemia.
Trátase dunha muller de 98 anos que presentaba un cadro patolóxico previo á infección.
Ademais as estatísticas oficiais sinalan que actualmente son 77 os pacientes con covid que precisan atención hospitalaria, todos eles atópanse ingresados en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (67), o Hospital do Salnés (9) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (1).
No que respecta a os casos activos, o Sergas realiza seguimento ao 30 de xuño a un total de 1.513 persoas infectadas na comarca.