Debuxos infantís para incrementar os 33.990 donantes de órganos de Pontevedra

Pontevedra
15 de outubro 2012

Na cidade de Pontevedra impartíronse nos últimos anos nove charlas a 557 alumnos de cinco centros escolares. Na capital hay a día de hoxe 2.735 tarxetas de donantes

De esquerda á dereita, Jacinto Sánchez Ibáñez, Enrique Alemparte e Manuel Castro, visitando a mostra no Provincial
De esquerda á dereita, Jacinto Sánchez Ibáñez, Enrique Alemparte e Manuel Castro, visitando a mostra no Provincial / CHOP

A día de hoxe, na provincia de Pontevedra hai un total de 33.990 tarxetas de donantes, das que 2.735 corresponden á capital, segundo os datos que figuran na Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia.

Estas mesmas cifras extrapoladas ao ámbito autonómico sinalan que durante o ano 2011 se realizaron en Galicia un total de 291 transplantes, 146 de ril, 80 de fígado, 11 de páncreas, 18 de corazón e 36 de pulmón.

Incrementar esta listaxe de doazóns e donantes é o obxectivo da campaña sobre a doazón de órganos e tecidos organizada dende hai cinco anos polo Servizo Galego de Saúde e a Oficina de Coordinación de Transplantes, xunto coas Consellerías de Sanidade e Cultura e Educación, en centros educativos de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de Galicia.

Dentro desta campaña xa se teñen impartidas máis de 400 charlas e proporcionouse información sobre a doazón e o transplante a máis de 22.000 alumnos de 97 concellos. Na provincia impartíronse 130 charlas en colexios e institutos, nas que se proporcionou información sobre doazón e trasplantes a 7.400 xóvenes, de 55 centros educativos. Na cidade de Pontevedra foron nove as charlas impartidas a 557 alumnos, de cinco centros escolares.

Unha das actividades con maior participación da campaña é o Concurso de Debuxo e Lemas para escolares relacionado coa doazón e o transplante, que este ano xa chegou á súa terceira edición. Os traballos realizados nesta iniciativa poden visitar ata o 21 de outubro na galería da planta baixa do Hospital Provincial de Pontevedra.

Nesta exposición, que poderá visitarse ata o día 21 de outubro, colaboraron alumnos de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de secundaria de 42 concellos de Galicia. Na provincia de Pontevedra participaron un total de 326 alumnos, pertencentes a 19 centros escolares de 11 concellos