Debut busca modelos para vestir as dez coleccións que se presentarán este ano

Pontevedra
13 de outubro 2022

Os futuros deseñadores profesionais que participarán na pasarela Debut 2022 están xa a ultimar as coleccións que presentarán no evento. Pero, para poder facelo, necesitan modelos. De aí que se abrira a convocatoria do casting anual de interesados en vestir estas creacións

Desfile Debut 2021
Desfile Debut 2021 / Cristina Saiz

Os futuros deseñadores profesionais que participarán na pasarela Debut 2022 están xa a ultimar as coleccións que presentarán no evento. Pero, para poder facelo, necesitan modelos. De aí que se abrira a convocatoria do casting anual de interesados en vestir estas creacións.

O desfile vaise a celebrar o próximo venres 18 de novembro no Recinto Ferial e os organizadores precisan medio cento de voluntarios e voluntarias.

Ao longo deste mes de outubro, as persoas interesadas poden inscribirse no despacho do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda, na Facultade de Belas Artes.

Alí tomaráselles unha serie de medidas e fotografías de cara ao proceso de selección final, que virá determinado polas características e necesidades das coleccións que se presenten no desfile.

"É unha actividade totalmente amateur, que para moitos supón a súa primeira experiencia cun mundo que ás veces chama moito a atención", recoñece a directora do máster, Lola Dopico, que explica que nesta ocasión serán dez as coleccións que se presenten en Debut.

A elas sumaranse unha serie de traballos realizados o pasado ano por alumnado de primeiro curso do máster, tanto roupa feminina como masculina.

Dopico lembra que as coleccións son proxectos académicos que non responden a tallas estándar polo que "ás veces necesitan xente máis alta ou máis miúda", polo que anima a que todos os interesados se anoten para participar no desfile.