Debe ser festivo local o sábado da Feira Franca?

Pontevedra
08 de setembro 2019

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores considera que o sábado da Feira Franca é un día no que sectores como a hostalería e o comercio local "fan moito negocio" polo que abrirían igualmente aínda que fose día festivo

Recreación do transporte do viño na Feira Franca
Recreación do transporte do viño na Feira Franca / PontevedraViva

A proposta para que o sábado da Feira Franca sexa festivo local é un debate que rexorde cada anocon máis intensidade e o Goberno local non é alleo a estas peticións aínda que son moitas as circunstancias para ter en conta.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores considera que o sábado da Feira Franca é un día no que sectores como a hostalería e o comercio local "fan moito negocio" polo que abrirían igualmente aínda que fose día festivo. Ademais, apunta Fernández Lores que "non é unha cousa que dependa só de nós", en referencia ao Goberno Local.

Pola súa banda a concelleira de Festas, Carme da Silva, lembra que na Boa Vila "temos dous festivos moi consolidados" como son o Mércores de Cinza e San Bieito de Lérez "que forman parte de tradicións moi importantes".

En todo caso, o ano no que a festividade de San Benito coincida en domingo "pódese estudar facer festivo a Feira Franca", pero admite que "a Feira Franca funciona non sendo festivo".

A proposta xa foi trasladada no ano 2017 por Marea Pontevedra pero non contou co apoio do resto de agrupacións políticas que formaban parte da comisión de Cultura.

 

Arquivado en