Esta fin de semana estase a celebrar no Recinto Feiral de Pontevedra a terceira edición da Expo de vodas, eventos e comuñóns "De Voda Con Nerea", organizada pola empresa de organización de eventos "LA BODA DE NEREA".
Este encontro ofrece a futuros noivos, familiares e amigos unha oportunidade única de explorar unha ampla gama de servizos e produtos especializados para facer que eses momentos especiais sexan inesquecibles.
Unha fin de semana completa con sorteos, actividades e grandes profesionais do sector de vodas, eventos e comuñóns.
Unha oportunidade para tratar persoalmente cos provedores de diferentes sectores nun mesmo espazo, visitar os stands e desfrutar con exhibicións de peiteados, charlas ou desfiles, entre outros.
O horario de apertura, tanto o sábado como o domingo, é de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:30h.