De paseo literario con María Victoria Moreno

Pontevedra
28 de outubro 2018

O último dos Paseos pola Pontevedra Literaria estivo guiado por Ana Acuña e Fina Casalderrey

Paseo literario con María Victoria Moreno
Paseo literario con María Victoria Moreno / Concello de Pontevedra

Un paseo literario polos espazos que inspiraron algunhas das obras de María Victoria Moreno e a inauguración dun mural na Avenida de Eduardo Pondal serviron este sábado de homenaxe á escritora pontevedresa, da que o Concello vén de editar un selo conmemorativo que se pode solicitar no terceiro piso da sede municipal na rúa Michelena 30.

O último dos Paseos pola Pontevedra Literaria estivo guiado por Ana Acuña e Fina Casalderrey.

O percorrido arrincou da ponte da Avenida de Vigo, onde desde hai anos loce unha placa conmemorativa da autora, veciña desta mesma rúa. Agora desde esta ponte tamén se poderá contemplar o mural da ilustradora Tania Solla, plasmado na parede por Polo Correo do Vento.

Familiares de María Victoria Moreno participaron nesta actividade que promoveu o Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).