De camiño a Romanía: O alumnado do Toural volve ir de Erasmus

Vilaboa
12 de decembro 2021

O programa, que se interrompeu pola pandemia, inclúe a viaxe de oito alumnos e tres docentes a Romanía do 13 ao 17 de decembro

Alumnado do CPI O Toural que viaxará de Erasmus a Rumanía
Alumnado do CPI O Toural que viaxará de Erasmus a Rumanía / CPI O Toural

O CPI do Toural recupera o seu programa Erasmus, paralizado desde o estalido da pandemia. Dentro do proxecto KA229 "Learning for my future", un grupo de oito estudantes de cuarto da ESO e tres docentes poñen rumbo a Romanía.

Na cidade de Halmeu espéranos xa as familias coas que compartirán esta experiencia desde o 13 ao 17 de decembro. Durante a súa estancia, os alumnos terán a oportunidade de coñecer lugares como Transilvania ou a cidade amurallada de Sibiu.

Dentro deste proxecto, os participantes reuniranse tamén con estudantes de Lituania e República Checa. Unha experiencia que lles dará a oportunidade de facer un proxecto común consistente na elaboración dun documental sobre a viaxe.

Para facelo deben tomar notas e gravar o as súas vivencias para logo elaborar en equipo a peza audiovisual.

O programa terá continuidade con futuras viaxes doutros estudantes a Lituania e República Checa, así como a visita de alumnos deses países a Vilaboa.