A Policía Local de Poio interviña na mañá deste luns ao rexistrarse un accidente de tráfico na Rúa Mato Calderón.
O impacto producíase ao redor das 10.35 horas cando dous turismos chocaban frontolateralmente, cun dos ocupantes dun dos vehículos implicados con feridas leves.
A Policía Local investiga as causas do impacto que estarían relacionadas cun descoido na condución e unha velocidade inadecuada para esta vía.
Por mor do accidente, un dos condutores orixinou un altercado na rúa ao comezar a ameazar ao outro condutor, causándolle danos no turismo como consecuencia dos golpes efectuados contra o vehículo.
Despois de realizarse a proba de drogas, o condutor que realizaba as ameazas daba positivo por presenza de THC, tetrahidrocannabinnol, principal constituínte psicoactivo do cánnabis, no organismo.
Os axentes da Policía Local propuxeron a sanción de mil euros e a retirada de seis puntos do permiso de circulación.
No dispositivo posto en marcha participaba unha ambulancia do 061, que trasladaba á persoa ferida a un centro hospitalario para unha avaliación completa das lesións.