Cuntis repartirá 3.000 euros en premios no concurso de Entroido do domingo

Umia
20 de febreiro 2020

Todo está preparado xa en Cuntis para o desfile do Entroido, que percorrerá as rúas do municipio este domingo 23 de febreiro, a partir das 16:30 horas. O concurso de disfraces e comparsas, que sairá do pavillón municipal, está dotado con 3.000 euros en premios a repartir en diferentes categorías

Preparativos do Entroido en Cuntis
Preparativos do Entroido en Cuntis / Concello de Cuntis

Todo está preparado xa en Cuntis para o desfile do Entroido, que percorrerá as rúas do municipio este domingo 23 de febreiro, a partir das 16:30 horas.

O concurso de disfraces e comparsas, que sairá do pavillón municipal, está dotado con 3.000 euros en premios a repartir en diferentes categorías.

O prazo de inscrición remata o propio día do desfile ás 16.00 horas no lugar do concurso, pero poden realizarse inscricións previamente na Omix ou no Concello de Cuntis e nos teléfonos 986 53 36 00 e 687 497 591.

Poderán participar no evento todos aqueles colectivos, agrupacións, asociacións cidadás e persoas a título individual pero cada un deles só poderá inscribirse nunha categoría. 

As comparsas deberán estar formadas, como mínimo, por 20 persoas e os grupos entre 5 e 19. As carrozas non se valorarán independentemente, senón como parte da comparsa, grupo, parella ou individual.

Non se admitirá a presenza de animais acompañando aos participantes e o xurado valorará a música, a coreografía, o deseño a confección, a orixinalidade, a animación e a simpatía dos concursantes.

A entrega dos premios terá lugar na Praza da Constitución ao remate do desfile.

Arquivado en