Cuntis volve a principios do século XX cunha nova edición da Festa da Belle Époque.
Despois de varios anos sen realizarse por non contar con orzamento suficiente para a súa celebración, este ano regresa para celebrar a quinta edición o sábado 5 de outubro no centro histórico de Cuntisa partir das 11:00 horas.
O programa da festa inclúe, como cada ano, os paseos en carruaxe, espectáculos na rúa e exposicións de coches antigos. Ademais, farase o habitual mercado de artesanía, a sesión vermú con concerto en directo, o desfile de época e a ruta da Tapa-Bus.
Como gran novidade, vai realizar unha recreación da Feira da Faba e do Millo do País, festa que se facía en 1910 na localidade.
Outra das novidades é o xantar con menú Belle Époque, que custará 12 euros. Pola noite, para poñer o broche de ouro á festa, vai celebrar a cea con baile de época no Hotel Balneario de Cuntis. Será a partir das 22:00 e o menú custará 30 euros.
Para poder asistir á cea-baile será necesario facer unha reserva previa no teléfono 605 781 972 ou no correo electrónico [email protected].