Cuntis recibe unha axuda de 72.000 euros da Xunta polo servizo mancomunado de atención temperá

Umia
17 de xullo 2019

Os municipios de Barro, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Catoira e Cuntis participaron desta actividade destinada a menores de seis anos, financiada inicialmente polos concellos

Espazo de atención temperá
Espazo de atención temperá / PontevedraViva

A Xunta de Galicia concedeu 72.118,37 euros ao Concello de Cuntis, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia, para o desenvolvemento do servizo mancomunado de atención temperá.

O municipio de Cuntis, que dirixe o alcalde socialista Manuel Campos, é o encargado de coordinar este programa que se leva a cabo no polígono da Ran, na parroquia de Santa María de Cuntis, coa participación de menores de 6 anos dos concellos de Barro, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Catoira e Cuntis.

Tres profesionais atenden a 56 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos. A través deste programa identifícanse os trastornos que poidan padecer estes menores, co obxectivo de que se poidan previr e establecer tratamentos para atender as súas prioridades.

Este proxecto realízase con financiamento inicial dos concellos, que agora reciben a subvención por parte da Xunta de Galicia.