Manuel Campos, alcalde de Cuntis, e Conchy Campos, tenente de alcalde, acudían este xoves a Fitur, a considerada feira de turismo máis importaante do mundo, representando ao municipio en diversas actividades promocionais.
Durante a visita mantiveron un encontro con Luis López, presidente da Deputación, e tamén participaron nas accións de promoción xestionadas pola Deputación de Pontevedra coa idea de fomentar a provincia como destino turístico ao longo deste ano.
Na campaña promovida desde a Deputación de Pontevedra ponse en valor o potencial turístico de toda a provincia e recóllese a importancia dos castros como elemento patrimonial, cultural e de interese; punto no que Cuntis destaca co xacemento de Castrolandín.
Nesta xornada, os representantes municipais mantiveron contacto con diferentes profesionais e administracións do sector turístico coa intención de atraer visitantes á vila nos próximos meses.