Cuntis porá en marcha, a curto prazo, un total de 25 depuradoras municipais

Umia
30 de abril 2015

A empresa Nicolás de Caso e asociados será a encargada de redactar o proxecto de posta en marcha de 25 depuradores municipais do Concello de Cuntis, cuxo funcionamento é "bastante deficitario", sinalan dende o goberno municipal

A empresa Nicolás de Caso e asociados será a encargada de redactar o proxecto de posta en marcha de 25 depuradores municipais do Concello de Cuntis, cuxo funcionamento é "bastante deficitario", sinalan dende o goberno municipal.

Con este proxecto, adxudicado esta mañá, preténdese que estas depuradoras poidan entrar en funcionamento. Dada a imposibilidade de poñelas en funcionamento por parte do persoal do propio Concello, é polo que se decidiu que sexa unha empresa externa a que execute ese plan de posta en marcha.

Para esta actuación, o goberno municipal reservou unha partida de 25.000 euros.

O concurso fíxose por procedemento aberto e a este presentáronse 26 empresas. Este amplo interese propiciou que as ofertas fosen moi variadas, o que implicou unha "rebaixa considerable" no prezo de adxudicación, que ao final foi de 15.000 euros máis IVE.

As depuradoras obxecto do proxecto son as de Vilar de Mato, Guldrigáns, Campo, A Cova, Guimarei, Lornés, Belai, Montesandeu, Soutelo, Sebil, O Casal, Vilariño, A Casiña, Anllada, Vilar, Magán, Piso, A Louriña, Cornado, Noval, Cequeril e A Ran.