Cuntis pide aos veciños un consumo responsable de auga para evitar restricións durante o verán

Umia
12 de xullo 2022

O alcalde, Manuel Campos, pide á cidadanía que optimice os recursos hídricos, limitando o enchido de piscinas e os baldeos de rúas

Río Gallo
Río Gallo / Concello de Cuntis

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, pediu á cidadanía que optimice os recursos hídricos ante a situación actual de prealerta por seca prolongada.

Este chamamento tenta reducir o consumo de auga para así poder garantir unha subministración de calidade no municipio ata finais de verán, sen que se produzan restricións.

Sobre todo o rexedor expón a optimización dos recursos hídricos en arroios e gandería, así como a limitación de baldeos e limpeza de rúas e no enchido de piscinas.

Entre as medidas de aforro de auga que se propoñen está tamén reducir o lavado innecesario de coches e a reutilización da auga para outros usos.

Todas estas recomendacións inclúense nun novo bando municipal aprobado e que informa desde este martes sobre a importancia de aplicar medidas de aforro no consumo de auga para benificio de todos.

Arquivado en