Cuntis acolle unha nova charla formativa ao redor da plantación de castiñeiros, neste caso versará sobre "A sanidade vexetal e a distancia entre plantacións de castiñeiro".
Informarase os participantes sobre as pragas como a avispilla, o chancro ou a tinta e abordarase a importancia da separación entre plantas.
Esta nova acción vén reforzar o proxecto de xestión integral para o aproveitamento sustentable dos soutos de castiñeiro que vén desenvolvéndose durante todo o ano no propio concello.
Esta iniciativa completarase con varios cursos, tanto presenciais como de formación mixta e pretende capacitar aos alumnos en métodos eficaces de aproveitamento para recuperar o cultivo do castiñeiro.
Desde o concello de Cuntis apúntase que ademais de transformar o territorio dando "alternativas ao eucalipto" con esta formación búscase unha "maneira eficaz de combater o desemprego" e facer unha "aposta forte polo rural".
Cuntis pertence á Indicación Xeográfica Protexida e, segundo o Concello, a súa "aposta pola castaña é total como o demostra esta formación anual e as súas xornadas de exaltación do propio froito".
Esta medida esta financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Interreg.