Cuntis iniciará unha campaña para a promoción da compostaxe individual

Umia
18 de xaneiro 2016

O Concello de Cuntis promoverá unhas charlas informativas polas distintas parroquias do municipio para explicar o desenvolvemento do proxecto de implantación de composteiros polo que se abrirá un prazo de solicitude para aquelas persoas que se queiran adherir ao dito programa

Usuaria dun composteiro en Cuntis
Usuaria dun composteiro en Cuntis / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis promoverá unhas charlas informativas polas distintas parroquias do municipio para explicar o desenvolvemento do proxecto de implantación de composteiros polo que se abrirá un prazo de solicitude para aquelas persoas que se queiran adherir a dito programa.

Dende o Concello estánse levando a cabo distintas líneas de traballo en xestión de residuos, primeiro clasificando e eliminando os residuos existentes na zona de acopio do polígono da Ran, a cal se esta a dotar de máis contedores e se esta a limpar a zona existente nestes momentos.

Por outro lado, o goberno local está a estudar a mellora do servizo de recollida de cartón coa implantación de máis colectores e coa eficiencia nas frecuencias de recollida e o mesmo coa recollida de vidro.

Tamén ten previsto neste exercicio sacar a concurso a recollida selectiva do contenedor amarelo dado que o contrato xa se atopa vencido coa empresa que presta o servizo nestes momentos, o grupo Soil. Ademáis, tamén se tratará de implementar melloras no dito servizo dada a importancia da redución de residuos de contedor verde xa que se trata do residuo máis custoso en termos económicos para o concello.