Cuntis fomenta a natalidade con axudas para combater o decrecemento demográfico

Umia
20 de outubro 2023

O rexedor recoñece que as vilas do interior da provincia sofren un importante decrecemento demográfico e entende que é necesario fixar á poboación nestes municipios

Bebé
Bebé

Cuntis abre o prazo para solicitar axudas do programa de fomento de natalidade. Este prazo finalizará o próximo 13 de decembro. A partida para estas axudas conta cunha cifra de 5.000 euros, que no caso de que as solicitudes superen as previsións e se exceda o crédito, este será prorrateado entre as solicitudes admitidas.

Poderán beneficiarse aquelas nais e pais, polo menos un deles, que se atopen empadroados no Concello de Cuntis cunha antelación de nove meses á solicitude da subvención e con fillos que nacesen entre o 1 de decembro de 2022 e o 30 de novembro de 2023. A renda da unidade familiar, sumada a base impoñible xeneral e a base impoñible do aforro da declaración do IRPF de 2022 non poderá superar os 45.000 euros.

No caso de que a contía sexa superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 euros. Como renda per cápita enténdese a suma das bases impoñibles xeneral e do aforro dividida polo número de integrantes da unidade familiar.

A cantidade máxima das axudas será de 300 euros por cada fillo. No caso de nacementos ou de adopcións de menores con algunha discapacidade recoñecida nun grao igual ou superior ao 33% ou con recoñecemento da situación de dependencia, a contía da axuda poderá chegar a 500 euros. A esa mesma cifra de 500 euros poderán aspirar aquelas familias numerosas ou as monoparentais, .As axudas son compatibles con calquera outra subvención oficial.

Manuel Campos, alcalde de Cuntis, afirma que con esta medida se quere apoiar ás familias que desexen ter descendencia en Cuntis e que, desta forma, poidan facer fronte ás actuais dificultades sociais, laborais e económicas sobre todo nos primeiros meses de vida do bebé.

O rexedor recoñece que as vilas do interior da provincia sofren un importante decrecemento demográfico e entende que é necesario fixar á poboación nestes municipios.