Cuntis entrega os premios do segundo concurso de decoración e iluminación do Nadal

Umia
13 de xaneiro 2022

A concelleira Conchi Campos deulle a noraboa en especial aos premiados e agradeceu o labor realizado polo conxunto do comercio cuntiense 

Entrega de premios do segundo certame de decoración do Nadal dos comercios de Cuntis
Entrega de premios do segundo certame de decoración do Nadal dos comercios de Cuntis / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis acaba de dar a coñecer os establecementos gañadores do II Concurso de Decoración e Iluminación do Nadal posto en marcha co obxectivo de involucrar aos establecementos do municipio na decoración dunhas festas atípicas marcadas pola situación sanitaria provocada pola covid-19 e, ao tempo, animar o ambiente e as compras no comercio de proximidade.

O primeiro premio, valorado en 200 euros a gastar nos establecementos participantes foi para a Fundación Terra Termarum. O segundo premio, valorado en 150 euros recaeu en Gloss Moda, o terceiro premio valorado en 100 euros foi para Salón de Peiteado Lourdes, o cuarto premio de 50 euros foi para Bottino&Tacco e o quinto de tamén 50 euros premio foi para Calzados Mapi.

O xurado estivo formado por Cruz Sande Silva (decoradora de interiores e veciña de Cuntis), Concepción Velasco Aedo (decoradora de interiores e veciña de Cuntis) e María Isabel Eiras Miguéns (publicista e veciña de Cuntis).

A entrega de premios tivo lugar o pasado xoves coa presencia da tenente de alcalde e concelleira, Conchi Campos.

A concelleira destacou a alta participación no certame así como o gran nivel de todos os establecementos participantes, que realizaron un esforzo importante adornando e iluminando o seu escaparate ou as zonas exteriores con motivos de Nadal, de acordo ao establecido nas bases do concurso.