Cuntis chama a un consumo responsable de auga ante a seca

Umia
20 de xuño 2017

Entre as iniciativas adoptadas atópase a limitación para o baldeo e limpeza das rúas do municipio ou a recomendación para que non se consuma máis que a auga imprescindible para a vida cotiá. Tamén se solicita que os veciños se absteñan de encher as piscinas e que se optimicen ao máximo os recursos relacionados coas regas de cultivos e coa gandería

Río Umia
Río Umia / Concello de Cuntis

A escaseza de choiva levou ao Concello de Cuntis a tomar medidas para garantir a subministración de auga potable no municipio durante os meses de verán.

Un bando emitido pola Alcaldía alerta sobre o nivel actual do río Umia, de onde se serven os municipios de Cuntis e Moraña. O goberno municipal apela á necesidade de aforro e ao consumo responsable de auga por parte dos cidadáns.

Así, entre as iniciativas adoptadas atópase a limitación para o baldeo e limpeza das rúas do municipio ou a recomendación para que non se consuma máis que a auga imprescindible para a vida cotiá.

Tamén se solicita que os veciños se absteñan de encher as piscinas e que se optimicen ao máximo os recursos relacionados coas regas de cultivos e coa gandería.

Con estas medidas, Cuntis espera ter cubertas as necesidades básicas de auga dos seus veciños durante os próximos meses.

Cuntis conta cun depósito de cola de 1.000 metros cúbicos de capacidade para o seu propio abastecemento, situado no lugar de Pazo, mentres que Moraña ten un de 800 metros cúbicos no lugar de Laxe.

Entre ambos os municipios, apuntan os estudos técnicos, o consumo rolda os 100.000 metros cúbicos durante os meses de verán. Dado o volume total dos depósitos, en caso de restricións, dispoñen dunha reserva de auga para, como máximo, 11 horas e 30 minutos.

Arquivado en