Cúmprese medio século dende que Franco inaugurou ENCE

Pontevedra
12 de setembro 2013

En plena ditadura, Francisco Franco inauguraba o 12 de setembro de 1963 a Empresa Nacional de Celulosas, en Lourizán en 1963, aínda que a fábrica xa levaba en plena actividade dende 1957

Autoridades na inauguración de ENCE no noticiario do Nodo
Autoridades na inauguración de ENCE no noticiario do Nodo

En plena ditadura, Francisco Franco inauguraba o 12 de setembro de 1963 a Empresa Nacional de Celulosas, en Lourizán en 1963, aínda que a fábrica xa levaba en plena actividade dende 1957.

A fábrica ocupaba 20 hectáreas de terreo, e segundo narraba o Nodo, a materia prima era a "madeira de piñeiro negral" cunha produción de "30.000 toneladas métricas ao ano" de pasta de papel mediante o "proceso normal ao sulfato".

Ante a "posible integración do país no mercado europeo" aspirábase a elevar a produción ata as 100.000 toneladas.

Así o contou o NODO, nesta gravación de José Valero que inclúe a segundo visita de Franco que fixo anos máis tarde en 1967 á cidade, con percorrido polas rúas de Pontevedra, recuperadas do arquivo de RTVE.