A Pontevedra saíulle un duro rival na súa carreira por ser elixida como Capital Española da Gastronomía en 2023. Cuenca anunciou que tamén pugnará por lograr este recoñecemento e tomar o relevo de Sanlúcar de Barrameda (Cádiz).
A capital conquense tentarao por terceira vez, tras quedar finalista en 2017 e 2018, e para iso contará co apoio do goberno de Castela-A Mancha, que confirmou que apoiará "profusamente" esta candidatura.
O recoñecemento da capitalidade española da gastronomía foi creada pola Federación Española de Hostalería e a Federación Española de Xornalistas de Turismo.
Busca fomentar o turismo gastronómico e, desde os seus inicios, xa obtiveron este status Logroño -que foi a primeira en 2012-, Burgos, Vitoria, Cáceres, Toledo, Huelva, León, Almería, Murcia e Sanlúcar de Barrameda.
A previsión é que o nome da Capital Española da Gastronomía en 2023 se coñeza ao longo do próximo outono.