“Maniféstome rotunda e claramente en contra do proxecto do parque eólico dos Cotos, pero non fronte a calqueira parque eólico que se pretenda construír en Galicia nin contra a enerxía eólica”, así de claro e taxante foi o alcade de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, á hora de posicionarse ante a concentración convocada por diversas plataformas de toda Galicia diante da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, para este sábado ás 12 do mediodía.
Despois de manter varias conversas con responsables dos distintos colectivos que protagonizaron a concentración realizada hai uns días diante do Consistorio, na Chan de Carballedo, na que se decidiu visibilizar esa mesma protesta e nos mesmo termos diante da Delegación Territorial da Xunta, o alcalde decidiu desvincularse da mesma.
“Respecto profundamente á Plataforma, pero o que se está convocando é algo moi distinto ao falado para visibilizar o desacordo que mantemos co Parque Eólico dos Cotos. Eu sempre dixen que si era unha protesta para visibilizar a oposición ao parque eólico dos Cotos, o alcalde vai a estar fose onde fose porque o meu compromiso é estar cos veciños", argumenta o rexeder.
Sen embargo, puntualiza "o Concello de Cerdedo-Cotobade, si é unha concentración en contra de todos os parques eólicos que se están a tramitar na provincia, ten que pensar porque evidentemente eu non son dos 'non polo non'", dixo Cubela.
Finalmente, Jorge Cubela aclarou que “non considero acertado manifestarse contra parques eólicos como Pico Touriñán, ubicado na parroquia de Quireza moi alonxado das casas e que conta co respaldo maioritario dos veciños, e tampouco me vou manifestar contra parques eólicos que xa contan co informe desfavorable da Xunta como son Siroco ou Rula, que sin embargo seguen tramitándose polo Ministerio de Transición Ecolóxica, nin contra proxectos eólicos que non sabemos si van ter continuidade ou si, nin siquera, van ser sometidos exposición pública”, rematou.
Diante deste posicionamento, o portavoz do BNG no Concello, Ernesto Filgueira, criticou ao rexedor por negarse a contestar no pleno a preguntas relacionadas co parque eólico e co peche da oficina de Abanca en Carballedo. Acusan os nacionalistas de mentir ao alcalde e de non dar a cara diante da oposición á que nunca lles responde, nin de xeito verbal nin por escrito, ás súas preguntas.
Nun sentido similar pronunciouse a portavoz do PSOE, Lina Garrido, quen acusou a Cubela de "manipular" a información ao presentar no pleno unha copia das alegacións presentadas polos grupos municipais contra o proxecto eólico co título engadido de "Informe municipal en relación ao estudo de impacto ambiental do Parque Eólico dos Cotos”. Un documento que, segundo os socialistas, non está asinado por un técnico.