Cualquier día es bueno para empezar a hacer deporte

Pontevedra
21 de novembro 2023

Practicamente seis de cada dez persoas realizan deporte con certa frecuencia, segundo constata a última Enquisa de Hábitos Deportivos en España

Equipo "Ponte a correr Citic Censa"
Equipo "Ponte a correr Citic Censa" / Ponte a correr Citic Censa

Practicamente seis de cada dez persoas realizan deporte con certa frecuencia, segundo constata a última Enquisa de Hábitos Deportivos en España.

O sendeirismo e o montañismo son as modalidades máis practicadas, por diante do ciclismo (28,4%), a ximnasia intensa (28%) e o running (19%). Entre os homes é máis frecuente a práctica de fútbol, ciclismo, pádel, musculación, mentres que nas mulleres obsérvanse taxas superiores en calquera tipo de ximnasia ou en natación.

A diferenza do que ocorre cos profesionais, as persoas que practican deporte de maneira afeccionada destacan que o fan sempre sen presión e de maneira divertida. A isto súmaselle o compañeirismo, a superación e, nalgúns casos, sentimentos de competición difíciles de experimentar noutros campos.

A felicidade que transmite o deporte é máxima cando se converte nun estilo de vida, un gozar en si mesmo, e disto en Pontevedra hai moitísimos exemplos. Por citar un, o equipo pontevedrés "Ponte a correr Citic Censa" que acaba de participar na emblemática carreira Behobia, recoñecida como a máis antiga de España e que abarca 20 quilómetros entre Behobia e Donosti.

Case 23.000 corredores vestíronse de curto nesta carreira e entre eles estaban os pontevedreses do "Ponte a correr": Miguel, Manolo Pazos, Santi Rodilla, Marisé, Santi Méndez, Manu, Manolo Balboa, Sefi, Juanjo, Chema, Gonzalo, e dous debutantes nesta proba Deborah e Laura. Tamén se incorporou ao equipo en Santander Juan Domínguez, o ex balonmanista natural de Pontevedra.

"Como sempre a experiencia foi moi gratificante e xa estamos a preparar a viaxe para a próxima edición", de feito xa reservaron as habitacións de hotel para o próximo ano, comenta Gonzalo.

O seu é un dos numerosos equipos amateur compostos por persoas afeccionadas ao ‘running’ que se citan en grupos ou en solitario para adestrar, "debido a que obrigacións laborais, familiares, etc, impídennos reunirnos a todos á hora de adestrar". Moitos combinan o correr coa asistencia a ximnasios.

"A práctica do running é moi beneficiosa, tanto a nivel físico como a nivel psíquico", destacan. "Fortalece ósos e músculos, prevén enfermidades, diminúe o estrés e a ansiedade", citan entre as súas múltiples vantaxes.

Tamén dan algún consello para quen queira probar: "os inicios na práctica do running son sinxelos, poñerse unhas zapatillas, iso si, que sexan cómodas e apropiadas para correr, e empezar correndo distancias curtas sen marcarse ningún obxectivo concreto".

Calquera día é bo para empezar a facer deporte.