Cruz Vermella celebrou un entroido interxeracional con superpoderes na residencia de Campolongo

Pontevedra
09 de febreiro 2024

Tivo merenda, photocall, disfraces con temática de superpoderes e a animación de Os Solfamidas

Festa de entroido na Residencia de Campolongo
Festa de entroido na Residencia de Campolongo / Cruz Roja Pontevedra

O entroido non entende de idades e esa é a máxima que presidiu este pasado xoves 8 de febreiro a iniciativa realizada por Cruz Vermella na residencia de Campolongo.

A través do programa de maiores e contando tamén con Cruz Vermella Mocidade celebrouse unha festa de entroido interxeracional.

Un centenar de persoas, entre maiores, mozos e mozas, nenos e voluntarios de Cruz Vermella celebraron estas datas cunha festa cuxos disfraces tiñan como temática os superpoderes. Houbo merenda, bailes, photocall e a animación correu a cargo da comparsa Os Solfamidas de Campo Lameiro.

Con iniciativas como esta, Cruz Vermella busca promover a participacion na vida social das persoas maiores, combater a soidade non desexada, fortalecer vínculos entre quen participa, así como o intercambio interxeracional.

No último ano, e dentro da comarca de Pontevedra, Cruz Vermella atendeu a máis de 180 persoas co programa de maiores, que conta con financiamento da Xunta.

Arquivado en