Cruz Roja recibe 216 toneladas de alimentos para repartir entre familias desfavorecidas

Pontevedra
07 de xuño 2021

A iniciativa forma parte do programa anual de Axuda Alimentaria do Goberno, que entregará o mesmo cargamento ao Banco de Alimentos da provincia. A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, visitou os almacéns de Cruz Vermella para supervisar a entrega

Maica Larriba, subdelegada do Goberno, coordina a achegaa de 216 toneladas de alimentos á Cruz Vermella
Maica Larriba, subdelegada do Goberno, coordina a achegaa de 216 toneladas de alimentos á Cruz Vermella / Subdelegación do Goberno

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, estivo presente esta mañá na entrega da primeira partida da Axuda Alimentaria 2021 destinada á Asemblea Provincial da Cruz Vermella en Pontevedra. A entidade social, que participa no Programa 2021 de Axuda Alimentaria para as persoas máis desfavorecidas do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, recibiu nesta primeira fase do programa un total de 216 toneladas de comida.

Nesta primeira entrega, a Cruz Vermella e o Banco de Alimentos -entidades que se encargan do almacenamento e distribución dos alimentos na provincia- repartirán entre máis dun centenar asociacións 433 toneladas de produtos alimenticios.

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra actúa como unidade de control do programa. Con esta primeira etapa comeza a anualidade 2021 deste programa de axuda, que o ano pasado contou na provincia con máis de 20.000 beneficiarios. 

Durante a súa visita, Maica Larriba quixo agradecer "á Cruz Vermella o seu papel e a súa impagable achega como centro de almacenamento e distribución". A subdelegada quixo, así mesmo, destacar "a axuda inestimable do máis de centenar de organizacións de reparto que colaboran co Goberno na provincia, encargándose da entrega ás persoas máis necesitadas destes produtos alimenticios non perecedoiros".

Esta é a primeira das dúas remesas que repartirá o programa nesta anualidade a través da Asemblea Provincial da Cruz Vermella en Pontevedra e o Banco de Alimentos, que esta semana recibirá tamén a 216 toneladas de comida. As dúas institucións contan coa colaboración de máis dun centenar de organizacións locais de reparto, que son as encargadas de facer chegar directamente as cestas de alimentos esenciais a aquelas persoas en situación de vulnerabilidade.

"Este programa contribúe a mitigar a situación das persoas más desfavorecidas da provincia nun momento no que a poboación máis vulnerable da nosa sociedade está a sufrir especialmente debido ás consecuencias da crise motivada pola covid-19", dixo a subdelegada, que acudiu aos almacéns de Cruz Vermella acompañada pola súa presidenta provincial, María Teresa Álvarez, e pola secretaria e técnica do proxecto, María Jesús Fernández e Berta Segovia, respectivamente, así como polo xefe da Dependencia de Agricultura, Pesca e Alimentación da Subdelegación do Goberno, Javier Seoane.