Críticas pola falta de mantemento e limpeza do parque infantil Ribeira dos Peiraos

Pontevedra
11 de setembro 2024

O concelleiro do PP Iago Acuña visitou este parque onde comprobou "o evidente estado de deterioración no que se atopa"

O concelleiro do PP Iago Acuña no parque infantil Ribeira dos Peiraos
O concelleiro do PP Iago Acuña no parque infantil Ribeira dos Peiraos /

O grupo municipal do Partido Popular esixiu ao goberno local de Pontevedra que corrixa a falta de mantemento e limpeza do parque infantil Ribeira dos Peiraos. 

O concelleiro do PP Iago Acuña visitou este parque onde comprobou "o evidente estado de deterioración no que se atopa". Segundo manifestou, "a imaxe do parque é nefasta, sen rozar, coa maleza que supera o tamaño dos bancos, cristais rotos no chan que son un perigo para os nenos e coa randeeira que falta sen repoñer despois de moitos meses".

A isto engadiu as queixas porque "o mobiliario urbano está deteriorado, os contedores son insuficientes polos problemas que se agravaron nos últimos meses coa recollida do lixo e diante da necesidade de aumentar o número de prazas de aparcamento público".

Por este motivo, o edil popular esixe ao alcalde que salde a súa débeda co "abandono" que ao seu xuízo padece o barrio de San Roque e insiste na necesidade de mellorar o mantemento e a limpeza.

Tamén lamentou o "incumprimento reiterado" dos acordos alcanzados por unanimidade no pleno da corporación municipal e apuntou que, nos últimos meses, "o PP local ha logrado o asfaltado do vial da rúa Ribeira dos Gafos, tras incluír esta demanda da veciñanza na negociación da última modificación de crédito do Concello de Pontevedra".