Cristóbal Colón fai escala en Marín

Marín
08 de abril 2013

Non, obviamente non estamos falando do histórico conquistador, senón da fragata que leva o seu nome. Este martes 9 de abril, a fragata 'Cristóbal Colón' atracará no peirao do Porto de Marín e permanecerá alí ata o mércores 10, para efectuar unha escala loxística dentro das actividades programadas no seu plan de adestramento

Fragata 'Cristóbal Colón' que atracará no peirao do Porto de Marín
Fragata 'Cristóbal Colón' que atracará no peirao do Porto de Marín / Escuela Naval Militar de Marín

Non, obviamente non estamos falando do histórico conquistador, senón da fragata que leva o seu nome. Este martes 9 de abril, a fragata 'Cristóbal Colón' atracará no peirao do Porto de Marín e permanecerá alí ata o mércores 10, para efectuar unha escala loxística dentro das actividades programadas no seu plan de adestramento.

Entre estas actividades está prevista a medición de emisións electromagnéticas, que realizará persoal do Centro de Medicións Electromagnéticas da Armada (CEMEDEM), situado na Escola Naval Militar, en colaboración con persoal da Universidade de Vigo.

Aproveitando a presenza da fragata en Marín programáronse diversas saídas á mar para instrución e adestramento dos alumnos.

A 'Cristóbal Colón' é a quinta e última fragata da clase 'Álvaro de Bazán', buques dotados co sistema de combate AEGIS. Presenta novidades con respecto ao resto de buques da súa clase, cunha maior participación da industria de Defensa nacional en diversos compoñentes como sensores e armas.

O comandante da fragata 'Cristóbal Colón' é o capitán de fragata Manuel Aguirre Aldereguía.