Crema de mexillóns gourmet Pescamar con allos tenros

Pontevedra
18 de novembro 2017

A serie de "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha receita que é indicada para entrante ou como prato principal, se desexamos un menú lixeiro.

Crema de mexillóns con allos tenros
Crema de mexillóns con allos tenros

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos cociñar unha Crema de mexillóns con allos tenros que é indicada para entrante ou como prato principal, se desexamos un menú lixeiro.

Os Mexillóns Pescamar son altamentes nutritivos, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".

Para preparar unha deliciosa Crema de mexillóns con allos tenros ao estilo gourmet de Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de Mexillóns gourmet de Conservas Pescamar

- 1 feixe de ajetes tenros

- 1 feixe de porros

- 1 kg de patacas

- nata líquida

- 1 pemento vermello

- 1 rama de fiúncho

- pementa branca e sal

- caldo de cocción de mexillóns (ou caldo de peixe)

- 2 dl de leite

- 150 g de manteiga

Elaboración:

Refogamos en manteiga todos os ingredientes agás os mexillóns. A continuación, vertemos o caldo de peixe e deixamos fervendo 20 minutos.

Transcorrido este tempo, pasamos o contido da cazola polo coadoiro chinés, levámolo de novo a ebulición e engadimos un pouco de sal e pementa. Suavizamos a mestura con nata.

Pasamos a presentalo nun prato sopeiro ou en cuncas de consomé. Colocamos enriba os mexillóns gourmet Pescamar, previamente escoados do líquido da lata, e unha ramiña de fiúncho. Tamén se pode acompañar cada ración individual dunha rebanda de pan torrado cun chorriño de aceite ou uns poucos carochos.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.