Crema de champiñóns con mexillóns gourmet Pescamar

Pontevedra
13 de xullo 2019

Unha receita para servir como entrante e coa que aproveitaremos todos os beneficios do mexillón, un molusco altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3

Crema de champiñóns con mexillóns
Crema de champiñóns con mexillóns / FROM

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita perfecta para servir como entrante e coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos moluscos máis importantes das nosas Rías: o mexillón. Nesta ocasión, como acompañamento dunha lixeira crema de champiñóns, moi axeitada nesta época do ano.

Os Mexillóns Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

Esta receita do Consello Regulador do Mexillón de Galiciaofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".

Para preparar unha saborosa Crema de champiñóns con mexillóns gourmet Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata demexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar

- 1 kg. de champiñóns

- 1,5 l. de auga

- 1 dl. de leite

- 0,5 l. de nata

- Aceite de oliva

- 1 cebola

- 20 gr. de fariña

- Sal

- 0,5 dl. de caldo de verduras

- Pementa branca

Preparación:

Picamos a cebola e a refogamos en aceite de oliva. Cando empece a estar transparente, agregamos os champiñóns previamente fileteados, salpementamos e agregámoslle a fariña. Unha vez dourada, incorporamos o caldo de verduras, a auga e o leite, remexemos ben e deixamos cocer durante 40 minutos.

Transcorrido o tempo, retiramos do lume e trituramos, engadimos a nata e rectificamos de sal e pementa.

Servimos a crema en cuncos ou copas individuais e por enriba dispoñemos os mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar. Rematamos adornando cun ceboliño e un chorriño de aceite de oliva virxe extra, ademais dun lixeiro toque do mollo da lata de mexillóns.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.