Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita perfecta para servir como entrante e coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos moluscos máis saborosos da cociña atlántica: o berberecho.
Os berberechos son moluscos altamente nutritivos, grazas á súa achega en ferro. O seu baixo contido en graxas e gran porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas.
Para preparar unha saborosa Crema de berberechos Pescamar con mariscos necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata deberberechos ao natural Pescamar
- 500 g de champiñóns
- 200 g de gambas
- 100 g de ameixas
- 1 litro de auga
- 100 ml de leite
- medio litro de nata
- aceite de oliva
- 1 cebola
- 20 g de fariña
- sal
- 50 ml de caldo de verduras
- pementa branca
- 1 cullerada de ceboliño picado
Preparación:
Picamos a cebola e a refogamos en aceite de oliva. Cando empece a estar transparente, agregamos os champiñóns previamente fileteados e salpementamos. Engadimos a fariña. Unha vez dourada, incorporamos o caldo de verduras, a auga e o leite, remexemos ben e deixamos cocer durante 40 minutos.
Transcorrido o tempo, retiramos do lume, incorporamos a lata de berberechos ao natural Pescamar e trituramos. Engadimos a nata e rectificamos de sal e pementa.
Poñemos novamente sobre un lume baixo. Agregamos as gambas peladas e as ameixas. Mantemos ao lume ata que se abran as cunchas.
Servimos a crema en cuncos individuais ou nunha sopeira grande para repartir. Rematamos adornando co ceboliño picado e un chorriño de aceite de oliva virxe extra.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.